Pasar al contenido principal

O colexio reúnese coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago

A reunión tivo lugar co director e o subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Lema e Alberto Bugarín, respectivamente.

Na sesión de traballo dabatiuse sobre diversas temáticas entre as que cabe destacar a formación, as prácticas dos titulados/as en empresas, a bolsa de emprego, a problemática das atribucións profesionais, as aptitudes de xestión dos titulados/as, a interacción entre os títulos de grado e o colexio e a situación administrativa da oficina de software libre.