Pasar al contenido principal

O colexio mantén unha reunión co Servizo de Apoio á Administración Institucional e Corporativa

Logotipo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O pasado 14 de xaneiro tivo lugar unha reunión no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, no que participaron o xefe do Servizo de Apoio á Administración Institucional e Corporativa, Simón Rego, e membros do CPEIG e o CPETIG. Por parte do CPEIG asistiron o presidente, Fernando Suárez, e o secretario, Juan Antonio Valiño. O CPETIG foi representado por Anxos Cabado, tesoureira.

Durante a reunión expúxose a situación actual da tramitación dos estatutos do colexio, formuláronse diversas cuestións sobre a operativa dos colexios durante o impás de tramitación, e consultouse sobre os organismos competentes en temática de visados colexiais.