Traballar no CITIC

Traballar no CITIC


Alejandro Mosteiro Vázquez. Enxeñeiro informático, apasionado da informática e a tecnoloxía. Traballo como Responsable de Sistemas do Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña. Comezei cos meus estudos de informática no ano 2009, no Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos, e posteriormente obtiven o Grao en Enxeñaría Informática. Na actualidade estou rematando o Máster Universitario en Enxeñaría Informática mentres desenvolvo o meu traballo no CITIC e estou a comezar a miña carreira investigadora. Son un apasionado da informática dende os 13 anos, cando a miña irmá me regalou o meu primeiro ordenador. Os anos de estudo e as gañas de aprender son as que me levaron a traballar no CITIC. Na actualidade xestiono o Centro de Proceso de Datos, dou apoio aos investigadores, administro as infraestructuras e servizos informáticos do Centro e xestiono contratos de mantemento e licitacións.

Data do encontro
Xoves 28 ás 19.00
Inscríbete