Pasar al contenido principal

Exame para certificarse como Delegado de Protección de Datos, en Oleiros o vindeiro 16 de xullo

Exame DPD

 A Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) convocou o exame para certificarse como Delegado de Protección de Datos, que se celebrará o 16 de xullo en Oleiros (rúa Salvador de Madrariaga, 50.), en horario de 16:00 a 20:00 horas, a través da Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información (ISMS Forum) da que o CPEIG é socio promotor do capítulo galego de ISMS Forum e con presenza no Board do capítulo. 

Os interesados en examinarse necesitarán acreditar de maneira previa os prerrequisitos requiridos segundo o vixente Esquema AEPD-DPD v.1.4. O proceso a seguir ten dúas fases: 

  •  A creditación de Prerrequisitos (fase previa ao exame). Debe de xestionarse en torno a un mes previo á data de exame convocada. Débese remitir a solicitude de certificación e o modelo de Xustificación de Prerrequisitos, a fin de realizar unha valoración previa por parte do Comité Certificador. O buzón para realizar a primeira consulta, relativa á documentación que é necesario aportar, é o seguinte: info.cdpd@ismsforum.es
  • Tras obter o visto bo aos Prerrequisitos pola vía anterior, tramitarase a solicitude formalmente, a través da canle oficial habilitada: cdpd@ismsforum.es. Neste punto, será necesario enviar novamente o conxunto da documentación, ademais do xustificante de abono da respectiva taxa de exame, xunto á solicitude da convocatoria