Pasar al contenido principal

Webinar sobre “Oportunidades de financiamento público no sector TIC” con Euro-Funding

Noelia Cambil

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza en colaboración con Euro-Funding un webinar sobre oportunidades de financiamento para o sector tecnolóxico. A sesión celebrarase o 11 de xuño ás 11:00 horas. 

A xornada estará impartida pola Senior Project Manager do equipo de innovación de Euro-Funding, Noelia Cambil, que falará sobre as convocatorias dispoñibles para o desenvolvemento de proxectos dentro do sector tecnolóxico, ademais doutros instrumentos como as deducións fiscais asociadas á realización de proxectos de innovación tecnolóxica e as bonificacións aplicadas a persoal investigador para a redución do 40% das aportacións á Seguridade Social que efectúa a empresa por continxencias común. 

Os interesados en participar poden inscribirse aquí