Pasar al contenido principal

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia asina un convenio con SabadellGallego

Convenio SabadellGallego

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asina un convenio de colaboración con Banco Sabadell, que foi subscrito polo presidente do colexio profesional, Fernando Suárez Lorenzo, e polo director Rexional de SabadellGallego, David Martís Sánchez.

 

En virtude do acordo, Banco Sabadell pon a disposición dos colexiados un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados a súa economía profesional e persoal, sendo ampliables estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados. Nesta ligazón podese acceder ás vantaxes do convenio.

 

Pola súa parte, o CPEIG aumenta a súa oferta de servizos para que os seus colexiados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizados en liñas subvencionadas, renting, factoring, confirming, tpv, etc.

 

Coa sinatura deste acordo, Banco Sabadell reafirma o seu apoio a colexios e colectivos de profesionais, xa que ata a data a entidade subscribiu en Galicia máis de douscentos convenios con diferentes colexios profesionais e asociacións empresariais.