Pasar al contenido principal

XVII Foro de Seguridad y Protección de Datos de Salud, en Santiago de Compostela

programa_foro_saude

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, asistirá a vindeira semana ao XVII Foro de Seguridad y Protección de Datos de Salud, organizado pola Sociedad Española de Informática de la Salud (SEIS). Celebrarase o mércores 5 e xoves 6 na Aula Magna do Edificio Roberto Novoa Santos da Universidade de Santiago de Compostela. 

Fernando Suárez presentará o mércores, ás 11:30 horas, a conferencia "Estrategia Nacional de Ciberseguridad" que impartirá a xefa da Área de Ciberseguirdad y Lucha contra la Desinformación del Departamento de Seguridad Nacional, María del Mar López Gil.

O foro é un lugar de encontro para todos os profesionais do sectores sanitario e das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), para compartir experiencias e coñecemento e así promover unha utilización segura das TIC que contribúa a unha atención sanitaria de calidade, eficiente e especialmente respectuosa cos dereitos dos cidadáns.