Pasar al contenido principal

O CPEIG, a Amtega e a EGAP convocan o "Curso superior de Administración electrónica" para a formación de 80 empregados públicos

Cartel curso E-admi

Inaugurarase o 24 de setembro cun relatorio maxistral sobre o presente e futuro da Administración dixital, a cargo do director da División de Planificación e Coordinación de Ciberseguridade do Ministerio de Política Territorial, Miguel Ángel Amutio, e o director de contidos de Retina do xornal El País, Jaime García Cantero 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) unha nova edición do Curso superior de administración electrónica. Celebrarase do 24 de setembro ao 22 de outubro nas EGAP en Santiago de Compostela. 

Esta actividade ten como finalidade afondar, desde unha perspectiva técnico xurídica e cunha importante parte práctica, na concepción da administración electrónica, incidindo na relevancia que ten a súa implantación nas distintas administración galegas. Así, os contidos do programa analizarán desde distintos enfoques a administración dixital para que o alumnado adquira ou perfeccione o seus coñecementos teóricos e prácticos en informática e en dereito. 

A dirección académica está a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez. O martes, 24 de setembro, celebrarase un relatorio maxistral, aberto ao público en xeral, sobre o "Presente e futuro da Administración electrónica", que ofrecerán o director da División de Planificación e Coordinación de Ciberseguridade do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, Miguel Ángel Amutio; e o analista independente e director de contidos de Retina do xornal El País, Jaime García Cantero

Este curso superior, que servirá para dar formación a 80 empregados públicos, será impartido na modalidade semipresencial, con 30 horas presenciais en Santiago de Compostela, os días 24 de setembro e 1, 8, 15 e 22 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e 84 en teleformación. 

Matrícula: aberta ata as 23.55 horas do 16 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula 

Máis información