Pasar al contenido principal

Xornada sobre innovación para directivos no Auditorio Abanca de Santiago

APD xornada directivos

O vindeiro 4 de xuño celebrarase no Auditorio Abanca de Santiago a xornada "Innovación Big Date. Novos retos para o directivo", organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Proxecto Capacita Directivos onde tamén colabora o Círculo Financiero de Galicia. 

Na súa primeira edición, a xornada contará coa participación de diferentes expertos de primeiro nivel, que falarán sobre como innovar a diferentes niveis na empresa: desde a estratexia, o produto, o marketing e as persoas. Trátase dun encontro dirixido a aqueles directivos e mandos intermedios para os que a innovación é un pilar fundamental dentro das súas compañías. 

Os colexiados/as do CPEIG terán acceso a un código de invitación para inscribirse no evento sen custo algún a través de www.apd.es

Máis información, programa e inscricións