Pasar al contenido principal

Presentación do Código Ético no Día de Internet en Gijón

Charla Gijón

O Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática elaborou e publicou un Código Ético y Deontológico que pon a disposición dos enxeñeiros en informática, o resto de profesionais, empresas, administracións públicas e toda a sociedade. Este código presentouse o 17 de maio con ocasión da celebración do Día Mundial da Sociedade da Información. Desde a organización colexial, preparáronse varias actividades en diferentes lugares de España para difundilo.

En Asturias, os colexios oficiais COIIPA e CITIPA organizaron unha xornada na que o vicepresidente do Consejo de Colegios e presidente da Comisión de Ética e Deontoloxía, Fernando Suárez, presentou o Código e falou sobre ética no contexto do uso de sistemas intelixentes. A xornada denominouse "Hai que ter medo á Intelixencia Artificial? Aspectos éticos" e celebrouse no Parque Científico y Tecnológico de Gijón grazas á colaboración do Ayuntamiento de Gijón a través de Gijón Impulsa. 

Fernando Suárez presentou o Código Ético y Deontológico de la Ingeniería Informática que os colexios profesionais de enxeñeiros en informática aprobaron recentemente. Con el créase un marco común para toda España que segue as directrices a nivel europeo de ética e deontoloxía profesional e transmítese seguridade e garantías de uso. «Se van a poder adherir empresas, administraciones y particulares, de manera que podamos progresar todos en la misma dirección. Será obligatorio para todos los profesionales de Ingeniería Informática y voluntario para empresas y administraciones», explicou. 

A presentación da xornada correu a cargo do decano do Colegio Oficial de Ingenieros en Informática e membro da Junta de Gobierno do CCII, José García Fanjul, e o coordinador xeral de Gijón Impulsa, José Luis Díaz. A xornada foi un éxito de público, e entre outros asistiron o director General do Clúster TIC, a presidenta da Asociación Asturiana de Startups AsturValley, os directores das escolas universitarias que imparten estudos de enxeñaría informática e a directora do Departamento de Informática da Universidad de Oviedo.