Pasar al contenido principal

Publicación de Artigos

O colexio ofrece aos seus colexiados e colexiadas a posibilidade de publicar artigos nos medios de comunicación a través do gabinete de prensa do CPEIG.

Aqueles/las colexiados/as que desexen facer uso deste servizo deberán remitir os seus artigos ao enderezo de información do colexio: informacion[at]cpeig.gal. Os artigos poderán tratar sobre calquera tema de  relacionado coas TIC ou coa profesión.

Unha vez recibidos serán analizados e seleccionados polo colexio segundo a súa adecuación e viabilidade de publicación.

A publicación de artigos é un servizo que unicamente se ofrece aos/ás membros colexiados/as. Que un artigo seleccionado sexa publicado dependerá en última instancia dos propios medios de comunicación.