Pasar al contenido principal

Charla na Aula Hospitalaria do CHUS

Celebrouse o luns, 26 de xuño, na Aula Hospitalaria do hospital de Santiago, en colaboración con ASANOG, e impartida polo presidente Fernando Suárez

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou o luns, 26 de xuño, unha charla sobre navegación segura e uso responsable de internet para as nenas e nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Xornada IA en CEO

A charla, gratuíta con previa inscrición en modalidade presencial e online, analizará as oportunidades, regulación e medos sobre a IA

Presentará a sesión a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, e intervirán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o avogado Víctor Salgado da firma Pintos&Salgado

Foto de familia A Noite 2023

Fernando Suárez, presidente: “A profesión ten o potencial de transformar a sociedade, pero debemos asegurarnos de utilizar ese poder para o ben común, protexendo a privacidade, promovendo a equidade e garantindo a seguridade nun mundo dixital cada vez máis complexo”

XV Noite CPEIG_ Luis Piedrahita

O evento estará presentado polo humorista e ilusionista coruñés Luis Piedrahita, que ofrecerá un monólogo e un truco de maxia ao auditorio, e contará coa actuación da banda de rock e soul Broken Peach

foto de familia

O martes, 13 de xuño, celebrouse a xornada Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) en Ourense, animando aos alumnos a explorar as oportunidades laborais que ofrece esta tecnoloxía. Julían Cerviño, director da Amtega, incidiu en que a ciberseguridade é unha prioridade para os gobernos de todo o mundo e subliñou que “protexer a información na contorna dixital e frear a crecente ameaza da ciberdelincuencia non é unha opción, senón unha necesidade”.

José Miñones

O departamento explica que coa ‘Estrategia de Salud Digital’ aspírase a contribuír ao mantemento dun bo nivel de saúde na poboación española e a fortalecer o sistema sanitario público mediante a capacidade transformadora das tecnoloxías dixitais

O ministro, José Miñones, recollerá a distinción na gala da ‘XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 16 de xuño en Santiago

Edificio La Terraza

A axencia ten a súa sede no edificio histórico de La Terraza, na cidade herculina, e entrará en funcionamento en outono para supervisar o cumprimento da normativa europea en materia de IA

Premio 15 Aniversario CPEIG

Directivos das cinco compañías recollerán o recoñecemento neste evento que se celebrará o 16 de xuño en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio 15 Aniversario CPEIG da “XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” de 2023 ás empresas tecnolóxicas Cisco, Eviden, Inforhouse, R e Vodafone polo seu constante apoio e colaboración no evento, tendo o papel de patrocinadores durante practicamente o xurdimento da Noite garantindo a súa celebración durante estes quince anos.

Amparo Alonso, Colexiada de Honra do CPEIG

“A AESIA na Coruña sitúanos nunha posición destacada na supervisión da IA en España e Europa, e está na nosa man o poder impulsarnos como un centro relevante en tecnoloxía”

Recollerá o recoñecemento na gala da “XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” que se celebrará o 16 de xuño en Santiago

Xornada Ciberseguridade en Ourense

O vindeiro 13 de xuño celebrarase a xornada "Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro" no campus de Ourense. O nodo ciber.gal organiza esta sesión na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense para tratar cuestións de actualidade e tendencias en ciberseguridade. Haberá obradoiros en modalidade presencial e charlas que poden seguirse tamén en liña.