Pasar al contenido principal

O CPEIG e ITS España asinan un convenio para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

Convenio ITS

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asinou o pasado mes de novembro un convenio de colaboración coa Asociación Foro de Nuevas Tecnologías en el Transporte (ITS España), un acordo para impulsar un ambicioso plan de formación e becas para atraer talento á mobilidade e especialmente ao sector ITS, que inclúe servizos como a xeración e intercambio de información, a tecnoloxía, a consultoría e a investigación e desenvolvemento. Foi asinado o pasado mes de novembro entre o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o secretario xeral de ITS España, Jaime Huerta.

No marco deste acordo, ambas entidades poderán realizar conxuntamente cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación, editar en conxunto libros, outras publicacións e documentos de traballo, e promover a actividade investigadora mediante proxectos de investigación en común.