Pasar al contenido principal

O CPEIG profunda en privacidade nun curso online en colaboración con Data Privacy Institute

curso protección de datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza, en colaboración con Data Privacy Institute (DPI), un “Curso de Especialización en Protección de Datos – CEPD” en modalidade on-line que se celebrará do 1 ao 24 de xuño, de luns a xoves de e 16.00 h a 21.00 h. 

 

O curso conta con 60 horas de duración e está orientado a outorgar unha especialización profesional en materia de privacidade desde unha perspectiva xurídica, técnica e organizativa. Abordarase a normativa vixente no contexto nacional, o novo marco europeo e internacional, e profundarase nos fundamentos que rexen a seguridade da información. O alumnado terá opción de realizar un exame de certificación posteriormente en Galicia. 

 

Durante o curso, o alumnado terá acceso ao Aula Virtual, onde se publicarán os documentos traballados con cada docente, o material audiovisual das sesións, os casos prácticos para traballar en grupo e poñer en práctica os coñecementos adquiridos, e os foros de resolución de dúbidas e intercambio de experiencias con titores e alumnos. 

 

Trátase dunha formación recoñecida pola entidade de certificación «International Information Security Community, ISMS Forum» designada pola Agencia Española de Protección de Datos | (AEPD). Así mesmo, o contido impartido facilita a preparación dos coñecementos para abordar tanto a certificación Certified Data Privacy Professional -CDPP-, como a Certificación de Delegado de Protección de Datos -CDPD-. 

 

Máis información e inscricións: https://formaciondpi.es. Para a inscrición é necesario enviar a preinscrición a formacion@ismsforum.es