Pasar al contenido principal

Gañadores dos sorteos da NOITE –Manuel Torres, Sabela Ramos e José Luis Mosquera– e do concurso de selfies –Ricardo Vila e Beatriz Fernández–

Concurso selfies A NOITE

O CPEIG celebrou o pasado 27 de novembro a “XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”, nun evento presencial, con trinta invitados que asistiron á entrega dos premios anuais da profesión, e virtual a través da canle de vídeos de Youtube do Colexio onde estiveron conectadas máis de 400 persoas. No transcurso da gala celebrouse un sorteo para os espectadores virtuais. Resultaron gañadores Manuel Torres e Sabela Ramos, que recibiron uns AirPods de agasallo; e José Luis Mosquera que gañou un estoxo de viño premium A Moura de edición limitada.

Ademais, convocouse un concurso de selfies para as persoas que estaban en liña, que tiñan que sacarse unha foto coa imaxe da gala de fondo. Os membros da Xunta de Goberno do CPEIG votaron e elixiron aos gañadores: Ricardo Vilar, cun selfie familiar, que recibiu de agasallo un estoxo de viño premium; e Beatriz Fernández Rey, cun selfie co kit de regalo de produtos gourmet da NOITE, que gañou unha estancia en calquera dos establecementos da cadea hoteleira OCA Hotels en Galicia.