Pasar al contenido principal

Fernando Suárez, presidente do CPEIG, visita a sede de Cáritas Interparroquial de Santiago e coñece os seus programas asistenciais e de formación

Reunión con Cáritas Interparroquial de Santiago

Asinarán proximamente un convenio de colaboración para establecer unha cooperación estable

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, visitou o pasado 23 de decembro a sede de Cáritas Interparroquial de Santiago, situada na rúa do Hospitaliño, onde foi recibido polo seu director, Luis Calviño, e o administrador, Carlos Juiz. 

O CPEIG fíxolle entrega dun 5% da recadación dos patrocinadores da “XII NOITE da Enxeñaría en Informática de Galicia”, gala celebrada o pasado 27 de novembro, a Cáritas para que poida agasallar aos pequenos máis necesitados con material tecnolóxico para a súa educación neste Nadal.

No encontro, Fernando Suárez interesouse polos diferentes programas asistenciais e de formación da organización benéfica. Ademais, ambas partes mostraron a súa decidida vontade de ter unha cooperación estable. Nesta liña, proximamente as dúas entidades asinarán un convenio para establecer esta colaboración e dar a coñecer o labor de Cáritas entre os colexiados e colexiadas enxeñeiros en informática do CPEIG.