Pasar al contenido principal

Novena edición do Concurso de Postais de Nadal do CPEIG para nenos e adolescentes de 3 a 18 anos

Postal 2019

Dos gañadores das dúas categorías a concurso, o Colexio elixirá o debuxo que se converterá na súa felicitación oficial de 2020

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca, por noveno ano consecutivo, o Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas e adolescentes de 3 a 18 anos. 

O certame divídese en dúas categorías, a A dirixida a rapaces de entre 3 e 12 anos, e a B destinada á participación de rapaces de entre 13 e 18 anos.  

Os participantes deberán ser familiares de persoas colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiado é de tres. O premio que recibirá o gañador será unha tablet para a categoría A, e uns auriculares sen fíos para a categoría B.  A xunta de goberno do CPEIG elixirá, de entre os dous gañadores, a obra que será a felicitación oficial do Colexio para estas festas.

Segundo as bases do certame, a técnica é libre e poderanse usar pinturas, témperas, ceras, collage, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. O prazo de inscrición pechouse o pasado 11 de decembro. O fallo do xurado farase público estes días na web do colexio (www.cpeig.gal).