Pasar al contenido principal

Cybersec@GAL celebra a súa segunda edición do 2 ao 5 de novembro coa colaboración do CPEIG, centrado no teletraballo

Cybersec@GAL

O CyberSecGAL, evento liderado polas principais entidades galegas, celebra este ano a súa segunda edición e o CPEIG forma parte da súa organización liderada pola Cátedra R. Falarase sobre a normativa, solucións, retos e amenazas no campo da seguridade do universo dixital no teletraballo. Celebrarase do 2 ao 5 de novembro de forma virtual e semipresencial, con:

Luns-2 e martes-3: Talleres online destinados a estudantes do SUG (Sistema Universitario Galego) e Formación Profesional co obxecto de captar talento en ciberseguridade.

Mércores-4: Charlas técnicas e o lanzamento dun ciber-Reto online para nup e pro cun premio.

Xoves-5: Xornada orientada ao ecosistema empresarial galego, coa temática “riscos no teletrabajo”, contará con expertos internacionais e unha mesa redonda. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participará na apertura. No peche do evento presentaranse os premios de CyberSecGAL aos mellores traballos académicos a nivel Grao, Mestrado e Doutoramento.

Ademais, o xoves 5 celebrarase o I Foro da Ciberseguridade de Galicia dentro da semana da ciberseguridade en Galicia.

O Capítulo de Galicia de ISMS Forum celebra a primeria edición do Foro Rexional da Ciberseguridade de Galicia, en colaboración coa plataforma Cybersec Gal da Cátedra R de Ciberseguridade (Universidade de Vigo e Universidade da Coruña) e o CPEIG.