Pasar al contenido principal

Red.es, a través do programa Acelera Pyme, lanza dúas convocatorias relacionados con proxectos innovadores do sector TIC

acelera

- Convocatoria de Economía do dato e Contidos dixitais. Esta convocatoria persegue financiar proxectos de empresas baseados no desenvolvemento tecnolóxico sobre os seguintes contidos dixitais: posta a disposición de datos de forma masiva e en formatos reutilizables, tratamento de datos aplicado á mellora da asistencia sanitaria e ás crises sanitarias, videoxogos, publicidade dixital, redes sociais e aplicacións móbiles, entre outros. Dotación orzamentaria do programa: 15 millóns de euros. O importe dos proxectos estará comprendido entre 150.000 € e 2 M€ e a intensidade da axuda oscila entre o 25% e o 45% en función do tamaño da empresa. Financiamento con subvención e/ou préstamo.

 

- Convocatoria sobre Intelixencia Artificial e Tecnoloxías Habilitadoras. O obxecto é financiar proxectos de desenvolvemento experimental realizados por empresas sobre intelixencia artificial como machine learning; desenvolvemento de solucións, aplicacións ou servizos que melloren a eficiencia dos servizos sanitarios, internet das cousas, tecnoloxías de procesamento masivo de datos e información, computación de alto rendemento, computación na nube, micro/nanoelectrónica, impresión 3D e fabricación aditiva, entre outros. Dotación orzametaria do programa 35 millóns de euros. Os importes das axudas estarán comprendidos entre os 150.000 € e os 3 M€. A porcentaxe da axuda oscila entre o 25% e o 45% en función do tamaño da empresa. Financiamento con subvención e/ou préstamo.

 

- Tamén se contempla a publicación dun Programa Emprendemento co obxecto de apoiar a start ups innovadoras e consolidar o seu ecosistema. Este programa de impulso e crecemento de novas iniciativas emprendedoras conta cun presuposto de 15 millóns de euros. Financiamento con subvención e/ou préstamo.

 

Máis información: https://acelerapyme.gob.es/