Pasar al contenido principal

Thepowermba ofrece descontos a colexiad@s para cursar un master de negocio ou de marketing dixital

thepowermba

A escola de negocios Thepowermba oferta dous masters de negocio e de marketing dixital nos que se aprenderá cos emprendedores e directivos de máis éxito no mundo, en clases online de 15 minutos e a prezos reducidos. 

A oferta é para a convocatoria de xuño, con data de inicio do día 24. O prazo de inscrición finalizará o 22 de xuño. O prezo sería de 450 euros en lugar de 499, grazas a un desconto de 49 euros para colexiados e colexiadas. As persoas interesadas en cursar esta formación débense poñer en contacto co CPEIG.