Pasar al contenido principal

Curso sobre claves e tendencias en 2020 sobre ciberseguridade, con descontos para os colexiados

 curso ciberseguridade

O Instituto Atlántico de Gobierno (IADG) e Syntagma (Centro de estudios estratégicos) organizan un novo curso executivo: "Ciberseguridade. Claves e tendencias 2020", cun programa deseñado para que profesionais dos ámbitos público e privado analicen as novidades lexislativas e tendencias que 2020 está deparando neste campo. 

O curso, na modalidade on line, celebrarase entre os días 25 e 29 de maio. Os colexiados e colexiadas do CPEIG terán un 15% de desconto. 

Segundo datos da Comisión Europea de 2017, a ciberdelincuencia move anualmente no mundo 400.000 millóns de euros. E o 87% dos europeos a consideran un problema de primeira magnitude. 

Tanto na Administración pública como no ámbito privado, a ciberseguridade deixou de ser un aspecto exclusivamente relativo á tecnoloxía ou á seguridade. Hoxe en día trátase dunha prioridade que afecta a todos os membros da organización e que, polo tanto, é responsabilidade de todos eles. 

Máis información e inscricións