Pasar al contenido principal

Olaia Vázquez

O Colexio recoñece a sobresaliente carreira da coruñesa, “que demostrou un compromiso excepcional coa excelencia e a innovación durante máis de dúas décadas de servizo no sector tecnolóxico”

Recollerá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio Traxectoria Profesional da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024’ a enxeñeira en informática Olaia Vázquez Sánchez.

Día de Internet 2024

A comprensión e transparencia, alfabetización, privacidade, ciberseguridade, equidade, propiedade intelectual, desenvolvemento legal e ético, responsabilidade, sustentabilidade e participación cidadá son as propostas incluídas

Fernando Suárez, presidente: “É necesario velar porque a implantación da IA estea comprometida coa cidadanía para non correr o risco de que sexa percibida como negativa e produza un rexeitamento social, perdendo a oportunidade de aproveitar os seus beneficios”

Radio Rosiña do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos

O vogal do CPEIG, Iván Luis Vázquez, participou o pasado 25 de abril nun programa de radio sobre o uso das redes sociais, dispositivos electrónicos e a relación coa saúde mental no CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, no marco do programa Navega con Rumbo (https://navegaconrumbo.cpeig.gal/) desenvolto polo Colexio profesional e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Día das Rapazas nas TIC 2024

Organizouse unha multiconferencia con catro tecnólogas que compartiron cos escolares as súas experiencias profesionais e visitas ao supercomputador FinisTerrae III e ao ordenador cuántico de Galicia ‘Qmio’ 

Participaron tamén nun roteiro das exploradoras dixitais, teatralizado entre o CESGA e o CiTIUS, onde se enfrontaron ao reto de descubrir a traxectoria de mulleres referentes na historia:
•    Ángela Ruíz Robles, Gladys Mae West, Ada Byron, Grace Hooper, Margaret Hamilton e Hedy Lamarr

Entidades impulsoras do Pacto de Estado

A iniciativa, posta en marcha por seis entidades da sociedade civil, conta con máis de 160 entidades adheridas e deu como resultado a creación do Comité de Personas Expertas para la Generación de un Entorno Digital Seguro para la Juventud y la Infancia 

A vicepresidenta da AETD, Ana Caballero recollerá a distinción na gala da “XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

Cristina Vázquez

“As disciplinas STEM poden impulsar o progreso e o desenvolvemento en todas as áreas da sociedade e ofrecen oportunidades profesionais en constante demanda”

A xalleira recollerá a distinción na gala da “XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” que se celebrará o 21 de xuño en Santiago

Día das Rapazas nas TIC 2024

A cativada percorrerá o traxecto entre o CESGA e o CiTIUS, cun camiño teatralizado da man de Ada Lovelace, considerada a primeira programadora 

As tecnólogas Antía Fernández, Lorena Fernández, Olalla Rama e Noemí Basanta compartirán cos estudantes as súas experiencias profesionais nunha multiconferencia que se retransmitirá por streaming para centros escolares de toda Galicia

A xornada, que se celebrará o día 25 de abril, está organizada polo CPEIG, o CESGA, a Secretaría Xeral da Igualdade e o CiTIUS

Equipo gañador do concurso

Os equipos gañadores en cada unha das tres categorías (un da USC e dous da UDC), representarán a Galicia no certame nacional que se celebrará en xullo en Madrid

A proba, que se celebrou o venres pasado nos tres centros universitarios de informática de Galicia, estivo organizada polo CPEIG, o CITIC e as tres universidades galegas, ademais de contar nesta terceira edición co patrocinio de máis dunha ducia de empresas tecnolóxicas

Diego Cid

A empresa galega CQe-Solutions consegue o recoñecemento 'Empresa éTICa' nos Premios Nacionales de Ingeniería Informática, convocados polo Consejo General de Ingeniería Informática de España (CCII).

Concurso Ada Byron

A proba está organizada polo CPEIG, o CITIC e as tres universidades galegas, ademais de contar nesta terceira edición co patrocinio de máis dunha ducia de empresas tecnolóxicas